Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais
 Materias
  Fundamentos Xerais da Prevención
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense tódalas metodoloxías docentes que en caso de imposibilidade presencial levaranse a cabo a través dos medios telemáticos (campus remoto)
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
O alumnado pode contactar por correo electrónico co profesorado da materia ou co coordinador de grao. Así mesmo poden organizar titorías a través do campus remoto da Universidade de Vigo
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Os contidos a impartir e os resultados de aprendizaxe non se modifican e polo tanto
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non é precisa bibliografía adicional respecto adicional respecto á facilitada o inicio de curso nas condicións habituais

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Mantense o peso na nota global
* Probas pendentes que se manteñen
Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización das probas, no caso de ser necesario e por indicación en Resolución Reitoral, ós medios telemáticos postos a disposición do profesorado (campus remoto, moovi, etc.)
* Probas que se modifican
Ningunha
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000