Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Dirección da Empresa e dos Recursos Humanos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

* Metodoloxías docentes que se modifican
As clases maxistrais serán substituídas polo seguimento da materia mediante a documentación facilitada na plataforma en Faitic, sendo reforzada esta documentación de base con guías breves explicativas de reforzo dos conceptos explicados en cada tema, lecturas de documentos e artigos complementarios e vídeos ilustrativos.
Ademais, os contidos desenvolvidos nos capítulos da materia serán complementados mediante a organización de webinares por parte de profesionais expertos en diferentes temas, sempre co obxectivo de reforzar a visión global dos contidos da materia e a súa aplicación aos casos reais da contorna empresarial. Sinalar que o longo destes anos veñen desenvolvéndose xornadas complementarias na que participan profesionais e que, no caso da imposibilidade de non poder ser presencias, o formato pasaría a modalidade de webinar.
As actividades das clases prácticas se modificarán no xeito de que os casos e exercicios prácticos desenvolvéranse de xeito individual mediante traballos tutelados, se ben, nos casos que sexa interesante, se fomentará o intercambio de experiencias (de xeito telemático) en grupos de estudantes cara a presentación de resultados de xeito colectivo.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
O acompañamento dos estudantes farase a través do correo electrónico e mediante o acceso os despachos virtuais do profesorado da materia.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas

* Probas pendentes que se manteñen
Proba dos contidos prácticos: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 40%]
De ter que modificarse o desenvolvemento recollido na guía básica como consecuencia dunha situación extraordinaria, as probas de avaliación continua que se realizarán nas clases de prácticas, baseadas en resolución de casos ou actividades prácticas, pasan do 30% ao 40%
Proba xeral da materia: [Peso anterior 70%] [Peso Proposto 60%]
Proba de avaliación que se realizará fóra das clases, de acordo coa planificación aprobada polo Centro e que consistirá na avaliación dos contidos conceptuais da materia a través de exercicios é tamén de preguntas abertas. Para esta proba o peso da mesma pasa do 70% ao 60%.
Trátase unha materia na que o estudante ten que acadar una visión global dos contidos e ten que amosar tanto a súa capacidade na parte práctica como naquela máis conceptual e de resolución de problemas. En ámbalas dous probas, para superar a materia, debe acadarse unha puntuación mínima de 4 sobre 10. Aínda que a media sexa superior a 5 puntos, non se considera superada a materia se nalgunha das probas nos se acada o mínimo.

* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]

* Novas probas

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000