Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Acondicionamento de Sinal e Sensores
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Acondicionamento de Sinal e Sensores Código V04M141V01110
Titulacion
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 1 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Mariño Espiñeira, Perfecto
Correo-e pmarino@uvigo.es
Profesorado
Mariño Espiñeira, Perfecto
Pastoriza Santos, Vicente
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral O propósito principal desta materia é que o estudante adquira os coñecementos necesarios acerca dos principios físicos e as técnicas que se aplican aos sensores utilizados polos sistemas de instrumentación electrónica para a medida de variables físicas; así como adquira os coñecementos básicos de funcionamento e este familiarizado cos parámetros de deseño dos circuítos electrónicos de acondicionamento de sinal e adquisición de datos: multiplexores e demultiplexores analóxicos; amplificadores de instrumentación; amplificadores programables; amplificadores de illamento; filtros activos; circuítos de mostraxe e retención; convertidores dixital-analóxicos e analóxico-dixitais; así como un conxunto de circuítos electrónicos auxiliares de uso moi común no devandito contexto.
Os contidos principais ordénanse da seguinte forma:
+Principios de funcionamento e parámetros de deseño dos circuítos electrónicos de acondicionamento de sinal e adquisición de datos.
+Circuítos electrónicos utilizados no acondicionamento de sensores:
-Presentación dun conxunto de circuítos electrónicos auxiliares de uso moi común no devandito contexto: circuitos de linealización, circuítos modificadores de nivel de sinal. Circuítos adaptadores. Fonte de tensións de referencia. Convertidores tensión-corrente. Interruptores e multiplexores analóxicos, ...
-Amplificadores no acondicionamento de sensores: amplificadores de instrumentación, amplificadores programables, e amplificadores de illamento.
-Filtros activos.
-Circuítos de mostraxe e retención, convertidores dixital-analóxicos e analóxico-dixitais.
+Interfaces entre sensores e procesadores dixitais.
+Análise dos principais parámetros que caracterizan o comportamento dos sensores.
+Principios físicos fundamentais que interveñen na comprensión dos diversos tipos de sensores.
+Aplicacións máis relevantes dos sensores nos diferentes ámbitos da instrumentación electrónica.
O obxectivo fundamental da parte práctica da materia é que o alumno adquira:
+capacidade de análise dos parámetros característicos dos sensores integrados nos sistemas de instrumentación electrónica.
+habilidades prácticas tanto na montaxe de circuítos e de medida cos instrumentos de laboratorio, para poder distinguir e caracterizar os diferentes circuítos electrónicos estudados, como na identificación e resolución de erros nas montaxes.
O alumno, ao finalizar a materia, debe saber distinguir e caracterizar os diferentes sensores e os seus principais campos de aplicación; e debe ter habilidades prácticas no manexo de ferramentas informáticas que faciliten o almacenamento, visualización e análise de datos obtidos nos experimentos de laboratorio realizados cos sensores
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000