Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Zooloxía mariña
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia e aproveitamento do traballo feito polos estudantes durante a realización das prácticas no laboratorio (1 punto)

Exame de prácticas no laboratorio ó rematar o curso (1,5 puntos)

Para que esta metodoloxía poda ser sumada as outras metodoloxías, o/a estudante terá que ter alomenos 0,6 puntos no exame de prácticas.
25 CB2
CB5
CG1
CE9
CE10
CT1
Seminario Valorarase a asistencia e aproveitamento as dúas sesións de seminarios e as exposicións realizadas polo estudiantado e a súa participación no debate posterior. 5 CB2
CB3
CB4
CB5
CG1
CG2
CG4
CT1
CT2
Aprendizaxe colaborativa Avaliarase a capacidade de traballar en equipo de forma autónoma e a redacción dos resultados obtidos no traballo tutelado nun documento escrito (1,5 puntos). Avaliarase a contribución de cada estudante ao traballo do grupo mediante a cualificación dos compañeiros do grupo en base a unha rúbrica (0,5 puntos).
Para que a puntuación nesta metodoloxía poda ser sumada as outras metodoloxías, o/a estudante terá que ter alomenos 0,8 puntos.
20 CB2
CB3
CB4
CB5
CG1
CG2
CG4
CT1
CT2
Lección maxistral Realizaranse 4 probas de seguimento tipo test (10 minutos), repartidas ó longo do curso. Estas probas non liberan materia. Cada unha delas valdrá 0,5 puntos (2 puntos en total)
Unha proba escrita global de toda a materia de respostas tipo test e curtas a realizar ó rematar o curso (3 puntos)
Ambos resultados sumaranse; para que a puntuación de esta metodoloxía poda ser sumada as outras metodoloxías, o/a estudante terá que ter alomenos 2 puntos.
50 CB2
CB5
CG1
CE1
CE9
CE10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas oficiais dos exámenes actualizadas e aprobadas pola Xunta de Facultade poden consultarse en:  http://mar.uvigo.es/index.php/gl/alumnado-actual/examenes-2

A cualificación final da materia será a suma da nota obtida en cada unha das metodoloxías propostas, sempre e cando a cualificación de cada unha delas sexa superior ó 40% da nota.

Na convocatoria de xullo o estudante deberá presentarse solamente a aquelas metodoloxías non superadas.

Considerarase a cualificación de NON PRESENTADO ó alumnado que non se presente nin o examen final de teoría nin ó de prácticas.

Dun curso para o seguinte conservaranse as cualificacións dos seminarios e os traballos tutelados. 

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.

Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente e poderá supor suspender a asignatura durante un curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para que, no caso de reincidencia, se solicite no rectorado a apertura dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000