Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Recursos xenéticos mariños
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2013_14
Materia Recursos xenéticos mariños Código V10G060V01907
Titulación
Grao en Ciencias do Mar
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 2c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Bioquímica, xenética e inmunoloxía
Coordinador/a
Sanjuan López, Andrés
Correo-e asanjuan@uvigo.es
Profesorado
Presa Martínez, Pablo
Sanjuan López, Andrés
Web
Descrición xeral Os "Recursos Mariños" aparecen con frecuencia no perfil curricular do graduado en Ciencias do Mar. Son por iso un dos obxectos fundamentais de estudo académico durante a carreira, e de xestión profesional tras ela. Ese rol central da biota mariña debe estudarse desde perspectivas industriais, tecnolóxicas, físico-oceanográficas e biolóxicas (fisioloxía, bioquímica, reprodución, ecoloxía, etc.). Penso que o seu desenvolvemento está ben representado na carreira, e que o adxectivo "Xenéticos" debe estar tamén moi presente na xestión de recursos. ¿De que serviría elaborar un complexo plan de explotación dun recurso que inclúa estudos de viabilidade económica, técnica e sociolóxica, si ao poñelo en práctica decatámonos de que o recurso carece da suficiente diversidade xenética para adaptarse a cambios ambientais, deseñar estratexias de selección xenética ou simplemente manterse na súa óptimo reprodutivo?. A Xenética xoga pois un rol central na xestión de recursos, cuxo coñecemento non pode obviar dadas as facilidades actuais para a análise dos xenomas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000