Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Recursos xenéticos mariños
   Competencias de titulación
Código Descrición
A4 Coñecer as técnicas básicas de mostraxe na columna de auga, organismos, sedimentos e fondos, así como de medida de variables dinámicas e estruturais
A12 Manexar técnicas instrumentais aplicadas ao mar
A13 Tomar datos oceanográficos, avalialos, procesalos e interpretalos con relación ás teorías en uso
A18 Transmitir información de forma escrita, verbal e gráfica para audiencias de diversos tipos
A20 Buscar e avaliar recursos de orixe mariña, de diversas clases
A23 Deseñar, controlar e xerir centros de recuperación de especies mariñas ameazadas
A33 Control de pesqueiras
A34 Deseñar, controlar e xerir plantas de produción acuícola
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Capacidade de organización e planificación
B4 Habilidades básicas do manexo do ordenador, relacionadas co ámbito de estudo
B5 Habilidade na xestión da información (procura e análise da información)
B6 Resolución de problemas
B8 Capacidade de traballar nun equipo
B9 Capacidade crítica e autocrítica
B11 Capacidade de aprender de forma autónoma e continua
B12 Capacidade para adaptarse a novas situacións
B13 Capacidade de xerar novas ideas (creatividade)
B15 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000