Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación O tribunal de avaliación valorará o traballo e a súa exposición e defensa.
Os resultados do aprendizaxe que se avalían son: (i) Desenvolver un traballo orixinal de forma individual e presentar e defender o mesmo ante un tribunal universitario, (ii) Identificar no problema a resolver ou proxecto as restriccións sociais, de seguridade, riscos laborais, ambientais, económicas e tecnolóxicas, (iii) Realizar, se procede, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética vinculada ao desenvolvemento do TFM (resolución de problema ou proxecto)
(iv) Comunicar de forma precisa e sen ambigüidades, tanto de forma escrita como oral, coñecementos, procedementos, argumentos, resultados, ideas e conclusións, a públicos especializados e non especializados no ámbito da Enxeñaría de Minas e e empregando unha linguaxe precisa, inclusiva e non sexista, (v) Redactar correctamente un documento de carácter técnico e/ou científico e (vi) Procurar, discriminar e estructurar información a partir de bibliografía, webgrafía e bases e datos sobre algún tema relacionado enxeñaría de minas.
70 A1
A2
A3
A4
A5
B5
C18
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D12
Traballo tutelado A persoa tutora do traballo elaborará un informe de valoración do mesmo.
Os resultados do aprendizaxe que se avalían son: (i) Desenvolver un traballo orixinal de forma individual e presentar e defender o mesmo ante un tribunal universitario, (ii) Identificar no problema a resolver ou proxecto as restriccións sociais, de seguridade, riscos laborais, ambientais, económicas e tecnolóxicas, (iii) Realizar, se procede, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética vinculada ao desenvolvemento do TFM (resolución de problema ou proxecto), (iv) Integrar coñecementos, metodoloxías procedimentales e competencias adquiridas previamente para resolver un problema ou desenvolver un proxecto relacionado co ámbito da Enxeñaría de Minas na súa concepción máis ampla (enerxía, materiais, minería), (v) Coñecer e identificar a metodoloxía e os principios da actividade investigadora, (vi) Coñecer e aplicar a lexislación correspondente no ámbito no que se desenvolve o Traballo Fin de Máster e manexar os regulamentos e normativa de obrigado cumprimento e (vii) de forma específica coñecer e aplicar a normativa e lexislación sectorial e transversal (prevención e riscos laborais, seguridade, medio ambiente, sostibilidade, calidade...)
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C18
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A calificación final será realizada polo tribunal avaliador e empregarase a rúbrica en base ao establecido no Regulamento de elaboración, tramitación, defensa e exposición do Traballo Fin de Máster da titulación.

A regulación relativa ao desenvolvemento, elaboración, asignación de persoas titoras, tramitación, exposición e defensa, avaliación e calificación é a contemplada no Regulamento de elaboración, tramitación, defensa e exposición do Traballo Fin de Máster da titulación, dispoñible na páxina Web do centro, así como as datas da exposición pública do Traballo Fin de Máster:


Toda a información e datas relativas ao prodedemento administrativo previo á exposición pública serán comunicadas a través da plataforma de teledocencia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000