Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Contidos
Tema Subtema
Cada curso académico ofertase unha relación de temas sobre os que pode versar o Traballo Fin de Máster, cada un dos cales contará cun/ha titor/a que se encargará de orientar ao estudantado na elaboración do traballo, a redacción do documento final e a preparación da exposición pública do traballo realizado.

O documento final onde se plasmará o traballo realizado deberá conter, polo menos: (i) obxectivos do traballo, (ii) metodoloxía/s empregadas, (iii) resultados obtidos, (iv) lexislación e/ou normativa sectorial e trasnversal aplicable no seu caso, (v) estudo de impacto ambiental no seu caso, (vi) orzamento no seu caso, (vii) conclusións e (viii) bibliografía.

O desenvolvemento da materia contempla a asistencia presencial a 12 horas de sesión maxistral, onde se proporcionarán formación de carácter xeral en relación a: (i) planificación do traballo a desenvolver (tempos, obxectivos, metodoloxías), (ii) redacción e estrutura de textos de carácter científico/técnico, informes técnicos, proxectos, etc... (iii) preparación da exposición oral, (iv) metodoloxías de investigación, (v) redacción de textos científicos e/ou técnicos en inglés, (vi) aplicación de boas prácticas na enxeñaría, (vii) emprendemento e (viii) traballo en contextos internacionais.

Durante as sesións formativas sobre redacción de textos de carácter científico/técnico: (i) farase referencia á necesidade de aplicar o código de boas prácticas común a toda investigación científica e a toda análise de datos, (ii) daranse pautas para evitar o rumbo de xénero na investigación, evitando os habituais sesgos usados na interpretación dos datos (sobrexeneralización, insensibilidade de xénero, uso de dobres raseros ou uso da dicotomía sexual), insistindo na necesidade de incorporar na poboación de estudio ás mulleres (se se da o caso) e valorar as implicacións (positivas ou negativas) dos resultados para a consecución dunha sociedade igualitaria; e (iii) fomentarase a redacción de textos escritos con linguaxe inclusiva, tanto os textos usados na exposición dos contidos da materia por parte do profesorado como na redacción de traballos por parte do alumnado. Para iso, poñerase ao dispor do estudantado recursos que faciliten unha redacción inclusiva.

O resto da presencialidade desta materia estará condicionada polo tipo de traballo a realizar, basicamente pola necesidade de realizar ensaios ou probas en laboratorios instrumentais ou traballos de campo. Noutros casos a presencialidade quedaría limitada á relativa ás accións de titorización de carácter presencial.

Finalmente, sinalar que, en relación ás competencias específicas, traballaranse as relacionadas directamente co ámbito no que se desenvolva o Traballo Fin de Máster.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000