Os obxectivos da materia son:
1) Dominar a terminoloxía do ámbito da tecnoloxía da auga.
2) Proporcionar as bases para a caracterización e explotación dos distintos tipos de recursos hidroxeológicos.
3) Coñecer os parámetros que definen a calidade e composición química da auga subterránea
4) Coñecer os principios de funcionamento das tecnoloxías para o tratamento de augas
5) Integrar os aspectos medioambientais de acordo coa lexislación actual, así como profundar nas novas tendencias da xestión dos recursos hídricos e a gobernanza da auga.