Educational guide 2022_23
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Modelización e Avaliación de Recursos Mineiros
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración de documentos por parte do alumno no que se reflictan as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos.
Os resultados da aprendizaxe son:
Realizar unha primeira aproximación á avaliación dun xacemento.
Elaborar bases de datos e tratamentos dos mesmos para a avaliación dun xacemento.
Aplicar a Geoestadística ao estudo e estimación dun xacemento.

60 CB2
CB5
CG2
CG3
CE1
CE11
CT5
CT9
CT12
Observación sistemática Técnicas destinadas a recompilar datos sobre a participación do alumno, baseados nunha listaxe de condutas ou criterios operativos que facilite a obtención de datos cuantificables.
Os resultados de aprendizaxe son:
Dominar a terminoloxía do ámbito da modelización e avaliación de recursos mineiros.

10 CB2
CG3
CE1
CE11
CT12
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia.
Os resultados de aprendizaxe son:
Realizar unha primeira aproximación á avaliación dun xacemento.
Elaborar bases de datos e tratamentos dos mesmos para a avaliación dun xacemento.
Aplicar a Geoestadística ao estudo e estimación dun xacemento.
30 CB2
CB5
CG2
CG3
CE1
CE11
CT5
CT9
CT12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder presentarse á convocatoria ordinaria é
imprescindible entregar os informes/memorias de prácticas.

A validez das notas polos informes de prácticas e observación
sistemática é dun curso académico.

Convocatoria extraordinaria de xullo:

- Aqueles alumnos que non se presentaron ao exame da convocatoria ordinaria, deberán  realizar e entregar todolos
informes de prácticas, e la avaliación extraordinaria seguirá os mesmos
criterios que a convocatoria ordinaria.

- Aqueles alumnos que se presentaron ao exame da convocatoria ordinaria e non a superaron, deberán realizar o exame de preguntas
de desenvolvemento, que suporá o 100% da nota.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000