Esta materia pretende ser referente na posta ó día dos últimos avances experimentados polas ciencias e técnicas xeomáticas, como contidos de carácter transversal o aproveitamento dos recursos renovables e non renovables. Así o coñecemento que proporcionan este tipo de tecnoloxías permitirán unha xestión intelixente deste tipo de recursos, e un aproveitamento racional e respetuoso co medio ambiente.
Así serán estudados contidos relacionados con sistemas de información xeográfico aplicados á xestión de proxectos no eido dos recursos enerxéticos e mineiros.