CONVOCATORIA COMÚN DECEMBRO/XANEIRO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final)
a) Avaliación continua. Entenderase que o/a alumno/a se acolle ao sistema de avaliación continua cando realice algunha das probas mencionadas (test/cuestionario, exame teórico e exame teórico-práctico). Non é posible renunciar á avaliación continua unha vez realizada algunha destas probas. O/a estudante deberá acreditar a asistencia ao 80 % das clases prácticas e unha asistencia regular ás clases teóricas. Nestas últimas realizaranse controis de asistencia aleatorios. Para seguir a avaliación continua é requisito imprescindible dita asistencia mínima e, en caso de que por calquera motivo non se cumpra, o alumnado non será avaliado e terá como alternativa o sistema de avaliación non continua.
Para aprobar a materia é necesario que a nota final da avaliación continua (participación, probas test/cuestionario e exame teórico) e a nota do exame final teórico-práctico sumen un mínimo de 5 puntos sobre 10. En todo caso, para que esta suma se poida realizar no exame teórico-práctico final será requisito imprescindible obter, á súa vez, unha nota mínima de 5 sobre 10.
CONVOCATORIA COMÚN DO MES DE JULIO: Se o/a alumno/a non superase na convocatoria común do mes de decembro, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Neste caso, o exame final só suporá o 40 % da cualificación. É necesario acadar nesta proba unha puntuación de 5 sobre 10 para que se sume a puntuación obtida na avaliación continua.
Recoñécese o dereito á avaliación non continua; neste caso, o 100 % da cualificación avaliarase mediante un exame final.
O exame final poderá ser oral ou escrito e estará composto por preguntas teóricas e prácticas sobre os conceptos da materia e as súas relacións entre si.
CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: Na convocatoria de fin de carreira, o alumnado será avaliado nun único exame escrito ou oral, composto por preguntas teóricas e prácticas sobre os conceptos da materia e as súas relacións entre si, que representará o 100 % da cualificación final.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es.
Non está permitido levar ao exame ningún dispositivo electrónico.