O temario que aparece no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que se examinarán.
De forma oportuna, ao comezo do curso, facilitarase ao alumnado un programa máis detallado cos epígrafes que compoñen cada lección.
Segundo o establecido no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do alumnado (aprobado polo Claustro da Universidade de Vigo o 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de non beneficiarse. do sistema de avaliación continua segundo o procedemento e na data que establezan os órganos competentes do Centro. No caso de que o Centro non determine unha data concreta, indicarao o profesorado o primeiro día de clase.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 1ª E 2ª EDICIÓN DE ACTAS
1.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado/a conforme aos seguintes criterios NA PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:
1º) Proba escrita, que se realizará unha vez superada a metade do cuadrimestre (40% do valor total da cualificación final).
2º) Proba escrita, que se realizará na data oficial do exame final da primeira oportunidade de exame (40% do valor total da cualificación final).
3º) Asistencia regular, participación activa na clase e asistencia a outras posibles actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (20% do valor total da cualificación final). Para os efectos de poder realizar esta última avaliación controlarase a asistencia á clase, así como a participación activa e, se é o caso, a asistencia ás actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario.
Para aprobar a materia deberán concorrer, de forma acumulativa, as seguintes circunstancias:
1º.- O/a alumno/a deberá obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 en cada unha das dúas probas escritas.
2º.- Que a cualificación obtida polo/a alumno/a por asistencia regular, participación activa e, de ser o caso, polas actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (20% da cualificación final), sumada ás cualificacións obtidas nas probas escritas (80% da cualificación final), sexa igual ou superior a 5.
2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado/a conforme aos seguintes criterios NA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS:
Exame escrito, que se realizará na data oficial do exame final da segunda oportunidade de exame (80% do valor total da cualificación final —ou 40% no caso de que se conserve a cualificación obtida nalgunha das dúas probas escritas realizadas na primeira edición de actas—).
Conservarase tanto a cualificación correspondente á asistencia regular, participación activa na clase e asistencia a outras posibles actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario obtida durante o curso (20% do valor total da cualificación final), como a cualificación de, cando menos, 5 puntos obtida en cada unha das dúas probas escritas (realizadas na primeira edición de actas).
3.- Se o/a alumno/a que se acollera ao sistema de avaliación continua non superase as probas escritas cunha cualificación mínima de 5 sobre 10 –TANTO NA PRIMEIRA COMO NA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS–, verá reflectida na acta a máxima cualificación que podería obter por asistencia regular, participación activa na clase e asistencia a actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (2 puntos).
4.- Alumnos/as acollidos/as ao sistema de avaliación global tanto na PRIMEIRA COMO NA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS: a súa cualificación estará integrada polo 100% da cualificación obtida no exame final escrito, que será diferente ao que realice o alumnado de avaliación continua. No exame de avaliación global avaliaráselles todas as competencias.
5.- O exame final tanto da primeira como da segunda oportunidade realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para tal efecto pola Xunta de Facultade para o presente curso académico.