| Lección maxistral |
Desenvolvimento teórico dos contidos temáticos do programa de socioloxía, tratando de desenvolver a capacidade de pensamiento e de análise sobre a realidade social actual nas súas distintas dimensions, destacando a influencia estratéxica do proceso sociolaboral na articulación da sociedade, a súa estruturación social e os procesos de cambio social.
Se, ante calquer eventualidade, as leccións maxistrais non puidesen desenvolverse de xeito presencial, continuarán na modalidade en liña. |
| Estudo de casos |
En cada un dos seminarios do curso proporase un texto, correspondente a cada unha das unidades nas que se estrutura o temario. O alumnado deberá contestar oralmente a unha serie de preguntas relacionadas co seu contido, coa finalidade de que sexa capaz de comprender, analizar e explicar adecuadamente un texto sociolóxico. Preténdese, así mesmo, que o alumnado profundice e consolide os coñecementos adquiridos en cada unha das sesións maxistrais do curso. Se, ante calquera eventualidade, os seminarios non puidesen desenvolverse de xeito presencial, continuarán na modalidade en liña.
|
| Estudo de casos |
En cada un dos seminarios do curso proporase un texto, correspondente a cada unha das unidades nas que se estrutura o temario. O alumnado deberá comentar criticamente, de forma oral, o citado texto, coa finalidade de que sexa capaz de comprender, analizar e explicar adecuadamente un texto sociolóxico. Preténdese, así mesmo, que o alumnado profundice e consolide os coñecementos adquiridos en cada unha das sesións maxistrais do curso. Se, ante calquera eventualidade, os seminarios non puidesen desenvolverse de xeito presencial, continuarán na modalidade en liña. |