Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. Para acceder aos exames tipo test faise necesario participar activamente nas clases teóricas e prácticas. 30 A1
A2
B4
C9
Práctica de laboratorio Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba/examen práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso práctico no que o alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 20 % da nota final. 20 A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento -breve ou medio- sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 35 % da nota final. 35 A1
A2
B1
B3
B4
Resolución de problemas e/ou exercicios A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a
preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así
proceda, a asistencia a actividades formativas organizadas pola Área
de Dereito do Traballo e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida
polo alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais,
serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un
valor sobre a cualificación final do 15%.
EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN FINAL OBTIDA NA
PARTICIPACIÓN EN CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE
Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NAS PROBAS FINAIS DE RESPOSTA LONGA E
DE CASO PRÁCTICO, NESTAS DÚAS ÚLTIMAS PROBAS DEBERÁ
ALCANZARSE UNHA CUALIFICACIÓN DE 4 PUNTOS SOBRE 10 EN CADA PARTE, NA TEORÍA E NA PRÁCTICA. DE
NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN CONTINUA
NON SE TERÁ EN CONTA, AINDA QUE PODERÁ CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO
15 A1
A2
A3
A4
A5
C9
C10
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA DECEMBRO/XANEIRO (sistema de avaliación
continua/sistema de avaliación final) 

a) Avaliación continua. Ao comenzo do
curso, o alumnado deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema de
avaliación continua. Para poder optar por este sistema, deberá acreditar
asistencia ao 80 % das clases prácticas. En caso contrario, sempre
poderá acollerse ao sistema de avaliación final. 

b) Avaliación final. Os alumnos
que non se acollan ou renuncien ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun único exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico,
sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final (a
parte teórica representará un 70 por 100 da nota, e a parte práctica un 30 por
100). 

CONVOCATORIA ORDINARIA DO MES DE XULLO: Se o/a alumno/a non superase a
materia na convocatoria ordinaria do mes de decembro, a nota obtida na avaliación
continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes
de xullo. Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do
curso académico, o/a alumno/a tería que someterse un novo proceso de avaliación
continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA
FIN DE CARREIRA Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun
único examen escrito, de carácter teórico e práctico, que representará o 100
por 100 da nota final (a parte teórica representará un 70 por 100 da nota, e a
parte práctica un 30 por 100). As datas de exame son aprobadas pola Xunta da
Facultade e publicadas na web da Facultade. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000