Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito romano
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Semanalmente o alumno resolverá por escrito un caso práctico que se entregará ao profesor. Destes corrixiranse aleatoriamente tres. Avaliarase a capacidade do alumno para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos á resolución dun caso práctico concreto. O alumno que non tome parte na avaliación continua ou non obteña nela un mínimo de 5 terá que realizar un exame final na forma abaixo indicada. 40
Exame de preguntas de desenvolvemento Faranse tres exames orais liberatorios, na data indicada no cronograma, cuxo valor total na nota final será dun 30%. O restante 30% sumarase cando se realice o exame escrito, que consistirá en dúas preguntas teóricas. Quen non obteña un mínimo de 5 en total nos parciais liberatorios, terá que contestar tres preguntas teóricas no exame escrito. E o alumno que non tome parte na avaliación continua, deberá, nese mesmo exame escrito, ademais das preguntas teóricas, resolver un caso práctico. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno ten que alcanzar a nota mínima de 5 no exame final para que lle poida ser sumada a esta calificación a da evaluación continua.
As cualificacións da evaluación continua se mantendrán nas dúas convocatorias do mesmo curso académico.
En cada convocatoria, tanto quen sexan repetidores como quen non sigan a evaluación continua, tendrán dereito a un exame final no que poden alcanzar o 100% da nota. O mesmo sucede co exame fin de carreira. As datas e horas das probas de evaluación das diferentes convocatorias son as que se especifican no calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso académico correspondente.  

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000