Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito romano
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Semanalmente o alumno resolverá por escrito un caso práctico que se entregará ao profesor. Destes corrixiranse aleatoriamente tres. Avaliarase a capacidade do alumno para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos á resolución dun caso práctico concreto. Cada unha destas probas terá un valor inferior ao 40% da nota, de forma que, realizadas todas elas, a suma si que é igual ao 40% da nota. O alumno que non tome parte na avaliación continua ou non obteña nela un mínimo de 5 terá que realizar un exame final na forma abaixo indicada. 40
Exame de preguntas de desenvolvemento NEL GRADO EN DEREITO: Faranse tres exames orais liberatorios, na data indicada no cronograma, cuxo valor total na nota final será dun 30%. O restante 30% sumarase cando se realice o exame escrito, que consistirá en dúas preguntas teóricas. Quen non vaia superando os exames parciais liberatorios, terá que contestar tres preguntas teóricas no exame escrito. E o alumno que non tome parte na avaliación continua, deberá, nese mesmo exame escrito, ademais das preguntas teóricas, resolver un caso práctico.
NO DOBRE GRAO ADE/DEREITO: Resolución dun caso práctico, que se ten que aprobar para que se corrixa a pregunta teórica que tamén contén o exame.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<*p> O alumno ten que alcanzar a nota mínima de 5 no exame final para que lle poida ser sumada a esta cualificación a da avaliación continua. As cualificacións da avaliación continua só se manterán nas dúas convocatorias do mesmo curso académico. En cada convocatoria, tanto quen sexan repetidores como quen non sigan a avaliación continua, terán dereito a un exame final no que poden alcanzar o 100% da nota. O mesmo sucede co exame fin de carreira. As datas e horas das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as que se especifican no calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso académico correspondente.&*nbsp;&*nbsp;
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000