Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Teoría de redes e conmutación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización en grupo, presentación e defensa da resolución dun problema característico do mundo real, aplicando tanto os coñecementos teóricos adquiridos como manexando, no seu caso, as ferramentas informáticas empregadas nas clases prácticas. 20 C28
C31
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame sobre parte dos contidos da materia. Cuestións e problemas de carácter conceptual, lóxico, analítico ou aplicado. Exercicio escrito de hora e media de duración. 40 B5
C28
C31
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame sobre parte dos contidos da materia. Cuestións e problemas de carácter conceptual, lóxico, analítico ou aplicado. Exercicio escrito de hora e media de duración. 40 B5
C28
C31
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación
alternativos na materia: avaliación continua e avaliación global.

A selección de avaliación continua implica realizar un test curto (15 minutos) non puntuable de coñecementos básicos, a realizar nas dúas primeras semanas de clase. A avaliación continua consistirá, ademais da realización do test curto non puntuable, no desenvolvemento
en grupo dun proxecto e no individual de dous exames parciais (40% dla calificación global cada un deles). A nota individual no proxecto dependerá tanto da cualificación conxunta
da memoria do mesmo como de entrevistas persoais (concertadas a partir
da entrega) ós membros do grupo. A
cualificación do proxecto e dos exames parciais só fornece efectos
no curso en que se realicen,
incluíndo a convocatoria extraordinaria ó final do curso. En calquera
caso, a cualificación na materia por avaliación
continua (unha vez que se cumpra o requisito previo do principio do
parágrafo) virá dada por: ben nota_1 = 0'2 x proxecto + 0'4 x parcial_1 + 0'4 x parcial_2) sempre que ámbalas dúas calificacións dos parciais superen o 2'5, ben suspenso dado por nota_2 = mínimo(4'9, nota_1).

A avaliación global (única opción en convocatoria fin de carreira) consistirá nun exame escrito sobre os
contidos da materia. A cualificación final da materia será,
neste caso, a nota obtida no exame. Este incluirá (avaliación global) unha cuestión ou varias sobre o uso das ferramentas informáticas presentadas no laboratorio, avaliando así unha capacitación mínima na competencia CE28/TEL2.

Consideraranse
presentados á avaliación todos os alumnos que asistan ben a ambolos dous parciais bem ó exame final. Selecciónase o modo de avaliación global ben ó non entregar o proxecto ben ó presentarse ó exame final. Quen non superen a materia na convocatoria ordinaria ó final do cuadrimestre dispoñen dunha convocatoria extraordinaria ó final do curso, similar  á primeira.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000