PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
Descriptores
Cr.totais
Carácter
Curso
Cuadrimestre
9
OB
4
2c
Lingua impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento
Dereito público especial
Coordinador/a
Pita Grandal, Ana María
Correo-e
apita@uvigo.es
Profesorado
García Freiría, Mónica
Pita Grandal, Ana María
Ruiz Hidalgo, María del Carmen
Web
Descrición xeral
O Dereito Financeiro e Tributario I é unha materia que ten por finalidade o estudo da ordenación xurídica dos ingresos e gastos públicos, así como das relacións xurídicas que xorden entre a Administración e os particulares.
A materia obxecto de estudo estrutúrase en tres grandes apartados. Dun lado, o primeiro apartado serve de introdución ao estudo do Dereito Financeiro, destacando a análise das fontes desta rama xurídica e do poder financeiro no tres niveles de Facenda (Estado, Comunidades Autónomas e Corporacións Locais). Un segundo apartado dedica especial atención ao Dereito Orzamentario, é dicir, ao estudo xurídico do ciclo do gasto público. Por último, o terceiro apartado correspóndese coa denominada Parte xeral do Dereito Tributario, a cal se enfronta por separado ao estudo do tributo e a obrigación tributaria, á interpretación e aplicación dos tributos, ao Dereito sancionador tributario e, finalmente, á revisión dos actos administrativos tributarios, contidos todos eles cuxo coñecemento resulta imprescindible antes de abordar a Parte especial do Dereito Tributario ("Dereito Financeiro e Tributario II"), que completa a formación do alumnado no que incumbe ás materias obrigatorias de Dereito Financeiro.