Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito financeiro e tributario I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba que consta de dúas partes: unha práctica escrita (na que a/o alumna/o terá que demostrar a adquisición das competencias esenciais da materia) e unha teórica que, tratándose da proba final, a elección de cada estudante poderá ser oral ou escrita (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia).

A/o alumna/o que se acolla ao sistema de avaliación continua realizará dúas probas parciais e escritas coas dúas partes anteriormente indicadas (práctica e teórica). Cada proba parcial representará un 40% do valor total da cualificación final.
Cada unha destas dúas probas parciais será liberatoria sempre que a/o alumna/o alcance unha cualificación mínima de 5 sobre 10, de maneira que superando ambas as probas non estará obrigada/o a realizar o exame final da materia, como requisito para superar esta última.

As/os alumnas/os que sigan o sistema de avaliación global realizarán unha única proba final que constará de dúas partes: un exame teórico (que poderá ser oral ou escrito, a elección de cada estudante), o cal suporá o 70% da súa cualificación final; e un exame práctico e escrito, o cal representará o 30% da súa nota final.

Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do poder financeiro en España, así como as que incumben aos ingresos, con especial referencia ao tributo, e ao gasto público.
80 A1
A2
A4
A5
Observación sistemática O profesorado, a través de diferentes actividades que propoña ao alumnado que se someta a avaliación continua (casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc.), valorará a asistencia regular, a participación activa e a calidade das intervencións do devandito alumnado, tanto nas clases maxistrais como, sobre todo, nos seminarios.
A asistencia regular así como a participación activa e de calidade do alumnado acollido a avaliación continua suporá o 20% da súa nota final.

Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do poder financeiro en España, así como as que incumben aos ingresos, con especial referencia ao tributo, e ao gasto público.
20 A1
A2
A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame.

Oportunamente, ao
comezo do cuadrimestre, se lle proporcionará ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 1ª EDICIÓN DE ACTAS.-

  1.-
Conforme establece o Regulamento de Avaliación da Universidade de Vigo
(aprobado polo Claustro de 18 de abril de 2023), a/o alumna/o deberá manifestar a súa intención de non acollerse ao sistema de avaliación continua de acordo co
procedemento e na data establecidos polos  órganos competentes do Centro.

Para ese efecto, na
Facultade de Dereito, unha vez superado o prazo dun mes desde o comezo do
cuadrimestre, se abrirá un novo prazo de 10 días hábiles para que o alumnado
matriculado manifeste, de forma fehaciente, a súa intención de acollerse ao
sistema de avaliación continua.

 2.- A/o
alumna/o que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliada/o conforme
aos seguintes criterios: 1º) Primeira proba parcial, que se realizará a metade do cuadrimestre (40% do valor total
da cualificación final
). 2º) Segunda proba parcial, que se realizará nas últimas semanas de clase (40% do valor
total da cualificación final
). 3º) Asistencia regular, participación activa na clase e asistencia a outras posibles actividades organizadas pola  Área de Dereito Financeiro e Tributario (20% do valor
total da cualificación final).

As dúas probas
parciais serán obrigatorias, escritas e constarán de dúas partes: práctica e teórica. A parte práctica terá un valor na cualificación da proba
parcial dun 20%, mentres que a parte teórica representará o 80% restante
de dita cualificación. Cada unha destas dúas probas parciais será liberatoria
sempre que a/o alumna/o alcance unha cualificación mínima de 5 sobre 10, de maneira que
superando ambas as dúas probas non estará obrigada/o a realizar o
exame final da materia, como requisito para aprobar esta última.

Si a/o alumna/o acollida/o ao sistema de avaliación continua non superou unha ou ambas as probas
parciais realizadas ao longo do cuadrimestre estará obrigada/o a presentarse ao exame final, pola materia correspondente a unha ou ás dúas
probas parciais, para aprobar a materia. O exame
final terá dúas partes: unha proba teórica (que poderá ser escrita ou oral, a elección do alumnado, e que representará o 80% da cualificación correspondente ao exame final), e unha proba práctica (que suporá o 20%
restante de dita cualificación). No devandito exame final, o alumnado deberá alcanzar unha nota mínima de 4 sobre 10 (en cada unha das partes da materia
das que, no seu caso, se examine) para que se lle teña en conta a cualificación obtida ao longo do cuadrimestre por medio da asistencia
regular, a participación activa na clase e a asistencia a outras posibles
actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (máximo
20%). De non alcanzar esa nota mínima, a cualificación que se reflectirá na
acta será a obtida no exame final. 

Así mesmo, ao exame final poderá concorrer o
alumnado que supere as dúas probas de avaliación continua realizadas
durante o cuadrimestre e desexe subir nota.

3.- As/os
alumnas/os que sigan o sistema de avaliación global realizarán unha única proba final na que se avaliarán todas as competencias da materia e que constará de dúas partes: un exame teórico (que poderá ser oral ou escrito, a elección de cada estudante), o cal suporá o 70% da súa cualificación final;
e un exame práctico e escrito (que será diferente ao
que realice o alumnado sometido a avaliación continua
), o cal representará o 30% da súa nota final.

4.- Para todo o alumnado, o exame final terá lugar na data, lugar e hora especificados no calendario
oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2023/2024.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 2ª EDICIÓN DE ACTAS.-

 1.- No
exame de xuño/xullo, a/o alumna/o que se acolleu ao sistema de avaliación continua só realizará unha proba final, que representará o 80% da súa cualificación final, e que constará de dúas partes: unha práctica escrita (na
que se resolverán un ou varios casos prácticos, e que suporá un 20% da cuaificación correspondente á proba final) e unha teórica -que poderá ser escrita ou oral, a elección do alumnado- (na que se formularán distintas
preguntas sobre o temario da materia, e que suporá o 80% da cualificación correspondente á devandita proba final). En todo caso, a/o
alumna/o deberá alcanzar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 nesa proba
final para que se lle teña en conta a cualificación obtida ao longo do
cuadrimestre por medio da asistencia regular, a participación activa na clase
e a asistencia a outras posibles actividades organizadas pola Área de
Dereito Financeiro e Tributario (máximo 20%). De non alcanzar esa nota mínima,
a cualificaciónque se reflectirá na acta será a obtida no exame
final.

2.- As/os
alumnas/os que se someteron ao sistema de avaliación continua conservarán,
exclusivamente para a segunda oportunidade de exame, a nota que obtivesen
ao longo do cuadrimestre por asistencia regular, participación activa na clase e asistencia a outras posibles actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (máximo 20%).

3.- Para as/os alumnas/os acollidas/os ao sistema de avaliación global, a súa cualificación final estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico -que poderá ser escrito ou oral, a elección do alumnado- e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último
diferente ao que realice o alumnado sometido a avaliación continua.

4.- O exame final
de xuño/xullo, tanto para as/os alumnas/os de avaliación continua como de avaliación global, terá lugar na data, lugar e hora especificados no
calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2023/2024

ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA AS/OS ALUMNAS/OS QUE CONCORRAN Á CONVOCATORIA DE FIN DE
CARREIRA.-

No exame de Fin
de Carreira a nota final estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico e o 30% da cuaalificación obtida no exame práctico, ambos os dous escritos.

O exame de Fin de
Carreira terá lugar na data, lugar e hora especificados no calendario
oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para
o curso académico 2023/2024. 

ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA AS/OS ALUMNAS/OS QUE SOLICITEN SER EXAMINADOS POR TRIBUNAL
(SÓ PARA ALUMNADO QUE SE ATOPE EN 4ª MATRICULA E SEGUINTES).-

O exame constará de dúas partes (práctica e teórica) e será exclusivamente escrito.

As datas e horarios das diferentes oportunidades de exame son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta
de Facultade para o curso académico 2023/2024.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA: CONSULTA DE TITORÍAS.- 

De seguido sinálanse os enlaces á páxina web da Facultade de Dereito onde se poden consultar as titorías do profesorado da materia:

- Prof. Dr. Roberto Ignacio Fernández López: http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/roberto-ignacio-fernandez-lopez/

- Profa. Dra. Mónica Siota Álvarez: http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/monica-siota-alvarez/

- Prof. Javier Freire Gallego: http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/javier-freire-gallego/

- Prof. Javier Constenla Vega: http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/javier-constenla-vega/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000