Na materia Dereito Procesal Penal seguiranse dous sistemas de avaliación, tanto na primeira convocatoria (maio/xuño)
como na segunda (xullo): avaliación continua ou exame final. 1º.- AVALIACIÓN CONTINUA.
O sistema de avaliación continua consistirá en:
a) 2 probas teóricas tipo test, que se realizarán nas datas indicadas na planificación docente que se proporcionará aos
alumnos ao comezo de curso; a nota media obtida nestas probas representará o 25% da cualificación final.
b) 1 proba práctica escrita, que se realizará na data indicada no calendario oficial de exames que representará o 25% da cualificación final.
c) 1 proba teórica oral ou escrita, sobre toda a materia, que se realizará na data fixada no calendario oficial de exames e que
representará o 50% da cualificación final. En calquera caso, para que se entenda superada a materia, é necesario obter nesta proba teórica polo menos un 5 sobre 10. De non alcanzarse esta nota mínima de 5 sobre 10, non se procederá ao cómputo da avaliación continua e a nota final corresponderase coa nota obtida na proba teórica. Notas importantes:
a) Para ser evaluado conforme ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá realizar a proba teórica (oral ou escrita), a
proba práctica escrita e, polo menos, unha das probas teóricas tipo test.
b) Os/as alumnos/as que sigan o sistema de avaliación continua e que non superen a materia na primeira convocatoria
(maio/xuño), de facer á segunda convocatoria (xullo) poderán optar por:
- Que se lles manteña a cualificación obtida nas probas tipo test e na proba práctica realizadas durante o curso (se ambas constan aprobadas), nese caso o exame consistiría nunha proba teórica oral ou escrita sobre toda a materia, que representará o 50% da
cualificación final, e na que deberán obter polo menos un 5 sobre 10 para entender superada a materia.
- Facer un exame final nos términos que se indican a continuación. 2º.- EXAME FINAL.
Os/as alumnos que decidan non seguir o sistema de avaliación continua ou que non realicen as actividades necesarias para
ser evaluados conforme a este sistema, serán evaluados cun exame final, que se realizará na data fixada no
calendario oficial de exames e que representará o 100% da cualificación final. O devandito exame constará de:
a) Unha proba práctica escrita, consistente no estudo dun caso. Esta proba práctica representará o 20% da
cualificación final.
b) Unha proba teórica oral ou escrita sobre toda a materia, que representará o 80% da cualificación final. Nota importante: para poder superar a materia a través do exame final, o/a alumno/a terá que superar as dúas partes
do exame. É dicir, na proba práctica, terá que obter polo menos un 1 sobre 2; e, na proba teórica, un 4 sobre 8. 3º.- CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA.
Na convocatoria de fin de carreira o sistema de avaliación será o de exame final nos términos expostos
anteriormente. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2022-23 |