Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Teoría do dereito
   Plan de Continxencias
 
Descrición
ADAPTACIÓN METODOLÓXICA

Se por razóns de urxencia sanitaria derivada da crise do Covid-19, se tomase a decisión de suspender as sesións presenciais, a docencia desta asignaturá farase do seguinte xeito:

-Campus virtual.
As correspondentes sesións desta asignatura serán impartidas polo profesorado mediante a plataforma da Universidade de Vigo, ou de ser necesario por calquera outra plataforma virtual, de conformidade coa guía docente da asignatura (traballo autónomo, titorías, sesións adicionais, etc.).

-Faitic e correo electrónico.
A través desta plataforma daráselle ao estudante os materiais necesarios para a preparación e o desenvolvemento da asignatura.

BIBLIOGRAFÍA
A indicada como esencial na propia Guía Docente servirá como referencia para complementar a preparación da asignatura.

ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN

-Exame oral online, 50%
Proba obxectiva dirixida a provocar a lembraza da aprendizaxe previa. Poderá consistir na realización dunha pregunta loga, de varias preguntas curtas ou nunha proba tipo test, segundo as circunstancias sanitarias existentes.
Para superar a materia será necesario acadar nesta proba un mínimo de 5 sobre 10.

-Prácticas online, 30%
Resolución de casos prácticos, destinados a valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, a análise e o razoamento crítico, mediante a plataforma virtual.

-Presentación on line, 20%
Presentación dun tema ou dun libro relevante para o estudo da teoría do Dereito e do pensamento xurídico, e análise crítico do mesmo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000