Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Teoría do dereito
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

Mantéñese para a modalidade virtual todas as metodoloxías previstas na guía docente.

No caso de que a docencia teña que ser impartida de xeito virtual polas circuntancias descritas con anterioridade, a modalidade de docencia será sincrónica, tanto na parte teórica coma na parte práctica, mediante a utilización do campus remoto da Universidade de Vigo ou campus integra que se combinará co uso da plataforma TEMA ou moddle para o contacto co alumnado e para subir material.


* Metodoloxías docentes que se modifican

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Utilización do correo electrónico institucional e dos despachos virtuais do profesorado

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir:
Non procede

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:
Non procede.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de que a avaliación final non poida realizarse presencialmente mantense os criterios de avaliación xa previstos na guía docente.
De manterse a situación de excepcionalidade na segunda oportunidade, a adquisición de competencias avaliarase a través de dunha proba obxectiva, consistente nun exame final de cada unha das partes nas que se divide a materia -parte teórica e parte práctica- Para esta proba utilizaranse as ferramentas que indiquen os órganos competentes. Nas devanditas probas avaliaranse as competencias non adquiridas previamente así como os resultados de aprendizaxe vinculadas ás mesmas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000