|
A materia poderá aprobarse por avaliación continua mediante a realización de tres probas cunha ponderación do 40%, 40% e 20%, respectivamente. Agora ben, para o cálculo da nota e poder aprobar por avaliación continua, será necesario obter polo menos un 4 sobre 10 puntos nas dúas primeiras probas, as que teñen unha ponderación do 40%.
No caso de que o alumno renuncie á avaliación continua non presentándose á primeria proba de avaliación ou non cumpra os requisitos mínimos establecidos no parágrafo anterior, poderá realizar unha proba de avaliación global na data fixada no calendario oficial de exames para a convocatoria de primeira ou segunda oportunidade do curso 25-26. Na convocatoria de fin de carreira haberá unha única proba de avaliación global. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados". Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa As datas e horas das probas de avaliación global (primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2025/2026. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na páxina web da facultade https://fccee.uvigo.es/es/docencia/examenes |