Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Historia económica de España
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A través do seis seminarios:

Avaliaranse os traballos prácticos, consistentes na lectura dun tema ou parte dun tema, na redacción dun informe ou síntese, e na a súa exposición e defensa.

Avaliaranse as iniciativas emprendedoras nas propostas de realización de traballos contrastando diferentes perspectivas e enfoques económicos, tanto dende un punto de vista historiográfico como metodolóxico donde pondrán poñerse de manifesto distintos posicionamentos.

Avaliarase a coherencia e calidade do traballo, esquema, síntese ou mapa conceptual, ou a valoración dos exercicios (comentario e análise de gráficos, series estatísticas ou textos, a resolución de cuestións e problemas).

Valorarase a calidade formal dos traballos realizados, a corrección sintática e gramatical e o uso acomodado da metodoloxía propia da investigación (o estudo rigoroso dunha materia ou dun tema).

Valorarase a asistencia, a participación, o cumprimento, a aptitude, os aspectos formais (redacción, sintaxe, ortografía, etc.), e a capacidade de transmitir as aprendizaxes realizadas e a calidade da expresión oral.
60 A3
A4
C2
C3
C4
C7
C8
C9
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento Estas probas realizaranse no exame final: Avaliaranse os coñecementos sobre os contidos teóricos da materia; Valorarase que as respostas estean estruturadas, razoadas correctamente; Valorarase a redacción correcta, clara e comprensible. 40 A3
A4
C2
C3
C4
C7
C8
C9
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá optar a dúas modalidades de avaliación.

A- AVALIACIÓN CONTINUA: 
  • O alumnado poderá renunciar a Avaliación continua (AC)  do 29 de xaneiro a o 6 de marzo de 2024.
  • É obrigatorio formalizar por escrito a renuncia e comunicalo ao profesorado que imparte a materia. 
  • As prácticas teñen carácter obrigatorio, son un total de 8 sesións, tendo unha duración de 2horas e 30 minutos cada unha délas.
  • A nota final do curso se compoñe de dúas ponderacións: o 60% correspondente a tódalas probas avaliadas nos seminarios desenvolvidas ao longo do cuatrimestre e a nota obtida na proba final, que coincidirá coa data da Avaliación Global (AG) cun 40% do total.

B -AVALIACIÓN GLOBAL (AG):
  • A elección explícita da Avaliación Global (AG) conleva a realización dunha proba final escrita que suporá o 100% da calificación numérica , de 0 a 10. É obrigatorio elaborar as prácticas e subilas a plataforma docente, onde aparecerá un epígrafe de "Renuncia a AC", xa que a proba final escrita integra as dúas partes da materia, a teoría e a práctica. 
  • Para superar a materia é imprescindible alcanzar un 5 en cada unha das partes. 

A convocatoria de Fin de Carreira consta dunha proba escrita co 100% da calificación. A materia que integra e a desenvolvida no curso vixente. 

O estudantado terá dereito a titorías nos horarios publicados na plataforma docente Moovi.
É necesario facer unha solicitude para asignar unha cita de titoría ao
profesorado que imparte a materia por correo electrónico.

As datas e os horarios das  probas de  avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario da páxina web da facultade: http://fccee.uvigo.es

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000