Guia docente 2022_23
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Historia económica de España
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Seminario A través do seis seminarios:

Avaliaranse os traballos prácticos, consistentes na lectura dun tema ou parte dun tema, na redacción dun informe ou síntese, e na a súa exposición e defensa.

Avaliaranse as iniciativas emprendedoras nas propostas de realización de traballos contrastando diferentes perspectivas e enfoques económicos, tanto dende un punto de vista historiográfico como metodolóxico donde pondrán poñerse de manifesto distintos posicionamentos.

Avaliarase a coherencia e calidade do traballo, esquema, síntese ou mapa conceptual, ou a valoración dos exercicios (comentario e análise de gráficos, series estatísticas ou textos, a resolución de cuestións e problemas).

Valorarase a calidade formal dos traballos realizados, a corrección sintática e gramatical e o uso acomodado da metodoloxía propia da investigación (o estudo rigoroso dunha materia ou dun tema).

Valorarase a asistencia, a participación, o cumprimento, a aptitude, os aspectos formais (redacción, sintaxe, ortografía, etc.), e a capacidade de transmitir as aprendizaxes realizadas e a calidade da expresión oral.
50 CB3
CB4
CE2
CE3
CE4
CE7
CE8
CE9
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
CT6
CT7
Exame de preguntas de desenvolvemento Estas probas realizaranse no exame final: Avaliaranse os coñecementos sobre os contidos teóricos da materia; Valorarase que as respostas estean estruturadas, razoadas correctamente; Valorarase a redacción correcta, clara e comprensible. 50 CB3
CB4
CE2
CE3
CE4
CE7
CE8
CE9
CT5
CT7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá dúas opcións de avaliación: Avaliación continua ou o exame final

A- AVALIACIÓN CONTINUA: 
A valoración dos seminarios correspónderase co 50% da nota final e o exame co 50% da mesma. 
A calificación correspondente aos seminarios  (50% da nota final) gardarase para todas as convocatorias do presente ano académico.


B- EXAME FINAL:
Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final  que suporá o 100% da calificación .


Esta proba obxectiva consta de dúas partes. Unha parte corresponde á materia impartida en teoría; e a outra parte correspóndese á materia desenvolvida en prácticas .


Para aprobar a materia é imprescindible aprobar cada unha das dúas partes, obtendo un aprobado (5) en cada unha. 
Calificación numérica de 0 a 10 seguindo a lexislación vixente.


As datas dos horarios das  probas de  avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario da páxina web da facultade: http://fccee.uvigo.es

Na convocatoria de fin de carreira, o exame supodrá 100% da calificación. 


O estudantado poderá   renunciar á Avaliación continua nas datas correspondentes á 5ª semana do 2º cuadrimestre do curso vixente.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000