|
O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por una proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. O alumnado debe manifestar expresamente a súa renuncia a avaliación continua antes da celebración do primerio parcial, enviando un correo á dirección cmiguel@uvigo.es. Con independencia do sistema de avaliación elixido, poderá sempre optar á máxima cualificación. SISTEMA AVALIACIÓN CONTINUA (AC) Neste caso a avaliación da materia constará das seguintes probas. 2 exames parciais que pesarán cada un un 40% da nota e controis que pesarán en total un 20%. 1.- Parcial Parte I (40%): Teoría do Comercio Internacional(temas 1-5). Este exame realizarase a metade do cuadrimestre nunha data que estará fixada a principio de curso. 2.- Parcial Parte II (40%): Macroeconomía Internacional(temas 6-10). Este exame realizarase ao final do cuadrimestre nunha data que estará fixada a principio de curso. 3.- Controis (20%). Poderase realizar un ou dous controis que consistirán na resolución de exercicios. A data destes controis será anunciada con suficiente antelación. Para aprobar a materia, a cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Se non se alcanza esa puntuación nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar na data oficial recollida na páxina web da facultade (https://fccee.uvigo.es/es/docencia/examenes). Se nese exame tampouco se alcanza apuntuación mínima (ou non se presenta ao exame), a nota final máxima da materiaserá de 4 puntos. PROBA AVALIACIÓN GLOBAL (AG) O estudantado que se acolla a esta modalidade realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota, na data oficial establecida no calendario de exames. Convocatoria Xullo: Na convocatoria extraordinaria, o estudantado realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota.. Convocatoria Fin de Carreira: O estudantado matriculado na convocatoria fin de carreira realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como non presentados. Recoméndase ao alumnado teren conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565). As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son asespecificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2026/27. En caso de conflito ou disparidade entre asdatas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, https://fccee.uvigo.es/es/docencia/examenes |