Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de problemas e/ou exercicios recollidos progresivamente ao longo do cuadrimestre. 100 C1
C10
C12
D2
D3
D4
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de avaliación global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG comunicándoo á profesora antes do 1 de decembro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten por facer e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.


Para AC, a nota final será a suma da nota obtida nas probas realizadas durante o cuadrimestre. As probas realizaranse preferentemente nas clases prácticas ao finalizar cada un dos temas relacionados nos contidos, coincidindo a última coa data da AG en primeira oportunidade. O conxunto de probas relativas aos catro primeiros temas terá unha ponderación do 30 % da nota final, o conxunto das restantes  un 40 % e a proba final un 30 %. Para aprobar a materia é necesario acadar una puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na nota final, non é necesario mínimo nas probas realizadas durante o cuadrimestre.

Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas de avaliación desta modalidade. Os estudantes que seguiron a AC e non superaron a materia na primeira oportunidade poden optar na segunda oportunidade a repetir a última proba ou a renunciar á AC.

Para AG tanto en en primeira como segunda oportunidade (convocatorias de febreiro e xullo), o alumnado será avaliado mediante unha única proba.

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentado".

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde 2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985cca)

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000