Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de problemas e/ou exercicios recollidos progresivamente ao longo do cuadrimestre. 100 C1
C10
C12
D2
D3
D4
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten por facer e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.


Para AC, a nota final será a suma da nota obtida nas probas realizadas durante o cuadrimestre. As probas realizaranse preferentemente nas clases prácticas ao final de cada un dos temas relacionados nos contidos, coincidindo a última coa data da AG en primeira oportunidade. O conxunto de probas relativas aos catro primeiros temas terá unha ponderación do 30 % da nota final, o conxunto das restantes  un 40 % e a proba final un 30 %. Para aprobar a materia é necesario acadar una puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na nota final, non é necesario mínimo nas probas realizadas durante o cuadrimestre.

Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas de avaliación desta modalidade. Os estudantes que seguiron a AC e non superaron a materia na primeira oportunidade poden optar na segunda oportunidade a repetir a última proba ou a renunciar á AC.

Para AG tanto en en primeira como segunda oportunidade (convocatorias de febreiro e xullo), o alumnado será avaliado mediante unha única proba.

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentado".

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde 2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985cca)

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000