Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía celular e fisioloxía integrativas: Implicacións na saúde
   Contidos
Tema Subtema
CONTIDOS TEÓRICOS

BLOQUE 1. Homeostasis celular. Alteracións e consecuencias na saúde.
Tema 1. Estrés celular. Causas do estrés celular e as respostas da célula para manter a homeostasis. Apoptosis e autofagia.
Tema 2. Envellecemento. Bases celulares do envellecemento.
Tema 3. Cancro e microambiente. Características e comportamento das células tumorales e a influencia do medio ambiente.
Tema 4. Diferenciación celular e inxeniería de tecidos: Fontes de células nai. Tipos de células nai. Diferenciación celular. Matrices extracelulares, propiedades. Descelularización. Aplicacións: vantaxes e desvantaxes.
BLOQUE 2. Homeostasis corporal. Respostas adaptativas e alteracións funcionais Tema 5. Homeostasia corporal, saúde e enfermidade. Regulación homeostática. A enfermidade: factores determinantes, condicionantes e predispoñentes. Factores causantes de enfermidade. Adaptacións a condicións extremas.
Tema 6. Síndrome general de adaptación e respostas orgánicas específicas. Fisioloxía do estrés. A inflamación. A febre. A dor.
Tema 7. Homeostasis enerxética. Compoñentes do balance enerxético. Regulación da inxesta. Xaxún e obesidade.
Tema 8. Alteracións funcionais de especial relevancia. Diabetes, Aterosclerosis. Hipo- e hipertensión arterial. Cardiopatías, etc.
BLOQUE 3. Bases fisiolóxicas da ritmicidade e a conduta. Tema 9. Fisioloxía rítmica e cronobiología. Bases moleculares e fisiolóxicas dos ritmos circadianos.
Tema 10. Bases nerviosas da conduta. Mecanismos encefálicos: o sistema límbico e o hipotálamo. Sistemas de recompensa. Estados de consciencia: o sono.
CONTIDOS PRÁCTICOS

Sesións prácticas que se realizarán no laboratorio e nas que se abordarán contidos que reforzan e/o complementan os achegados nas demais actividades
Algunhas das posibles actividades que se desenvolverían nas sesións prácticas son as seguintes:
- Alteracións en liñas celulares
- Características citológicas e tisulares do tecido tumoral. Metástase.
- Reconto de células sanguíneas e fórmula leucocitaria. Parámetros hemáticos.
- Presión arterial. Electrocardiograma.
- Monitorización de ritmos circadianos.
SEMINARIOS

Sesións de aula nas que mediante o traballo en grupos reducidos abordarase a resolución de problemas experimentais e casos prácticos.
Achegarase unha listaxe de temas e/o casos prácticos para que os estudantes de cada grupo elixan un e procedan ao seu desenvolvemento nas sesións de seminario.
Os estudantes desenvolverán as competencias de procura e categorizacion da información, así como da súa presentación, defensa e debate.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000