Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xestión e control de calidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realizaranse controis de asistencia as clases de forma aleatoria ao longo do curso 5 A2
B7
C9
C14
D3
Traballo As sesións de prácticas complementaranse coa entrega individual na plataforma Moovi das tarefas realizadas durante cada práctica. Estos entregables poderán ser posteriormente completados e mellorados no prazo establecido para cada entrega. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua. 30 A2
B4
B7
C12
C14
D3
D4
Proxecto O proxecto realizarase en grupo (2 a 3 estudantes). Na data establecida (habitualmente 10-15 días previo á data do examen final) procederase á entrega por cada grupo de estudantes, do proxecto escrito como resultado obtido do Aprendizaxe Baseado en Proxectos, levado a cabo durante as sesión prácticas. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua.

30 A2
A4
B4
B5
B7
C9
C12
C13
C14
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Realizarase na proba final. Permitirá avaliar coñecementos teóricos impartidos nas sesións lectivas, así como as competencias adquiridas. Poden incluír preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). 25 A2
B7
C9
C14
D3
Presentación Realizarase na proba final. O grupo de estudantes levará a cabo a presentación e defensa do seu proxecto. 10 A2
A4
B5
C13
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Para superar a materia os estudantes deberán realizar as seguintes actividades:
traballo, proxecto, presentación, exame, e alcanzar unha nota mínima de 5 puntos
sobre 10. Non obstante, poderase compensar as distintas actividades si se
alcanza unha nota mínima de 4/10 puntos nelas. No caso de non alcanzar a nota
mínima no apartado de Proxecto (4/10) ou na proba de preguntas obxectivas
(4/10), esa será a que figure na cualificación final da materia (non se
terán en conta o resto de apartados).

Durante as clases teóricas, realizaranse de forma aleatoria catro controis
de asistencia. Cada control terá un valor de 0.125 puntos que repercutirá na
nota final da materia.

Exame

Para poder realizar o exame teórico é necesario asistir as sesións de
prácticas. A non asistencia a unha práctica por razóns xustificadas debe
documentarse nas 24 horas posteriores ao final da práctica.

Proxecto

Constitúe a memoria final do proxecto realizado ao longo das sesións prácticas.
Avalíase a calidade do proxecto presentado, a orixinalidade e a súa utilidade e
posible aplicación práctica. Ademais, tamén se terán en conta:

 -   A inclusión de aspectos cualitativos do rigor científico, referencias bibliográficas
e uso da terminoloxía científica.

 -  Aparencia formal da memoria: organización, formato e estilo de redacción, inclusión
de logotipos, así como os erros ortográficos, gramaticais, ou de puntuación, malas
expresións, etc.

Traballo

Avalía o traballo
desenvolvido polo estudante na aula durante as sesións prácticas o que quedará
plasmado nun entregable que debe subir á plataforma Moovi ao finalizar cada
sesión de prácticas. A fin de poder completar e mellorar cada apartado do
proxecto realizado ao longo das prácticas, valorarase o feito de subir a Moovi
unha mellora do traballo realizado na práctica (completar información, aspectos
de organización e formato etc.), nos prazos asignados para o efecto. Por outra
banda, tamén se valorará a participación e interese mostrado polo estudante na
aula durante as prácticas.

Presentación

Avalía se a presentación recolle as ideas clave do proxecto, se é capaz de
trasladar a terceiras persoas unha idea clara do proxecto e se mostra soltura á
hora de expoñer.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Na segunda oportunidade o estudante poderá recuperar as seguintes
actividades da materia: proxecto, presentación e proba de preguntas obxectivas.
A parte de traballo non é recuperable e polo tanto ten que superala durante o período
de clases do curso.

No caso do Proxecto, se non se superou na primeira oportunidade o estudante
poderá corrixir e completar as partes correspondentes, ou mesmo repetilo enteiro,
se fose necesario.

AVALIACIÓN GLOBAL

Os estudantes poderán solicitar unha avaliación global, segundo as datas e
o procedemento que fixe o centro, e conlevará a renuncia á avaliación continua.
A avaliación global permitirá obter o 100% da puntuación da materia mediante
unha proba na data oficial fixada para o exame final da materia, tanto na
primeira coma na segunda oportunidade.

A proba incluirá un exame de preguntas obxectivas e a presentación escrita
e oral do Proxecto.

Calendarios académicos e de exames

O calendario académico pódese consultar en: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios
 

O calendario de exames pódese consultar en: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes 

Aspectos éticos

Perseguirase o plaxio nos
traballos e o uso non xustificado de programas de intelixencia artificial.
Copiar doutros estudantes durante as probas de avaliación tamén pode ser motivo
de redución da nota e de obter un suspenso na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000