Guia docente 2026_27
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Comprender os distintos niveis de organización dos seres vivos e as evidencias da súa evolución
  B2 Comprender as bases fisicoquímicas que rexen os procesos biolóxicos
  B3 Identificar as características e dinámicas do medio físico, incluíndo as derivadas da acción humana e do cambio global
  B4 Coñecer os fundamentos da instrumentación científica-técnica, a experimentación con organismos vivos, as normas de seguridade e hixiene nos traballos de laboratorio e de campo, así como os protocolos e normativas básicas en cada ámbito de experimentación
  B5 Coñecer os métodos e técnicas máis habituais para a observación, identificación, obtención, procesado e análise de mostras de orixe biolóxica e non biolóxico en estudos de laboratorio, campo ou mediados por soportes informáticos, de análises de imaxes ou doutro tipo de sinais que acheguen datos de interese.
  B6 Coñecer os fundamentos da microscopía e das técnicas histolóxicas, así como a súa relevancia na análise de mostras biolóxicas
  B7 Coñecer as técnicas e metodoloxías de illamento, purificación, análise, identificación e cuantificación de biomoléculas, incluíndo o material xenético
  B8 Coñecer as ferramentas matemáticas, estatísticas e informáticas aplicadas ao análise e resolución de problemas do ámbito da bioloxía
  B9 Identificar as características anatómicas e morfolóxicas dos animais e vexetais que permiten a descrición taxonómica e a comprensión da súa adaptación ao medio natural
  B10 Coñecer as características taxonómicas, estruturas funcionais e metabolismo de virus, bacterias e parasitos
  B11 Identificar e comparar as estruturas, os procesos de interrelación e as funcións dos compartimentos celulares e os seus compoñentes, tecidos e órganos
  B12 Comprender a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, os procesos de reprodución e desenvolvemento, as relacións entre os organismos e a súa interacción coa contorna
  B13 Coñecer a estrutura e a complexidade do material xenético, o seu funcionamento e as aplicacións da enxeñería xenética
  B14 Comprender os mecanismos da herdanza, a evolución e a biodiversidade
  B15 Coñecer a estrutura das biomoléculas e comprender a súa función nos procesos biolóxicos
  B16 Comprender os mecanismos da sinalización celular, os fundamentos da bioenergética e a regulación e integración do metabolismo
  B17 Integrar os procesos fisiolóxicos en animais, a súa regulación e o seu papel nas respostas homeostáticas e adaptativas á diversidade de ambientes nos que habitan
  B18 Identificar os compoñentes do sistema inmunolóxico, os mecanismos de recoñecemento e efectores da resposta inmune e o seu papel na protección do organismo
  B19 Coñecer e integrar o funcionamento dos vexetais e a súa regulación, incluíndo os procesos de crecemento e desenvolvemento e as respostas e adaptacións ao ambiente
  B20 Analizar a estrutura e dinámica das poboacións e comunidades, o funcionamento dos ecosistemas e os ciclos biogeoquímicos.
  B21 Explorar a aplicabilidade da bioloxía ao concepto dunha única saúde (humana, animal, vexetal, e ambiental), aos obxectivos de desenvolvemento sostible, á optimización dos procesos produtivos e a promover a conservación do medio natural
Sinale C Código Habilidades
  C1 Aplicar o método científico mediante a observación, a experimentación e o contraste de hipótese, interpretando os resultados obtidos e formulando conclusións fundamentadas
  C2 Aplicar ferramentas matemáticas, físicas, químicas, estatísticas e informáticas á análise, interpretación e resolución de problemas biolóxicos
  C3 Utilizar metodoloxías macroscópicas, microscópicas e moleculares para observar, identificar, caracterizar e conservar espécimes biolóxicos, así como obter mostras e constituíntes de interese
  C4 Illar e cultivar microorganismos, células, tecidos e órganos para facilitar o seu estudo e a caracterización da súa actividade biolóxica
  C5 Realizar análise de mostras de distinta orixe, bioensaios e probas funcionais. Determinar e interpretar parámetros biolóxicos en condicións normais e anómalas
  C6 Illar e manipular o material xenético, identificar as súas anomalías e a súa implicación en procesos biolóxicos, particularmente nas patoloxías
  C7 Muestrear, caracterizar, catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais e biolóxicos (poboacións, comunidades e ecosistemas) utilizando ferramentas apropiadas e bases de datos. Propoñer estratexias de conservación e restauración
  C8 Cultivar, producir, transformar e mellorar recursos de orixe biolóxica e valorar a súa utilización e-ou explotación para obter produtos e servizos de interese
  C9 Identificar axentes físicos, químicos e biolóxicos, incluíndo tóxicos e patóxenos, avaliar a súa actividade e deseñar estratexias para o seu seguimento e control
  C10 Redactar informes, proxectos e memorias técnicas sobre temáticas das diferentes ramas da bioloxía
  C11 Identificar e utilizar fontes de información científica, contrastables e fiables, para fundamentar o estado dun problema biolóxico e poder abordar a súa resolución
  C12 Incorporar prácticas de seguridade no traballo para previr riscos e protexer a saúde tanto dos seres vivos como do medio ambiente
  C13 Comunicar de xeito claro e preciso os coñecementos e resultados biolóxicos, tanto de forma escrita como oral e usando recursos dixitais, a audiencias especializadas e non especializadas
  C14 Planificar e organizar tarefas e actividades, xestionar o tempo e os recursos
  C15 Colaborar e traballar en equipo, compartir responsabilidades e contribuír ao logro de obxectivos comúns en contextos de investigación e na actividade profesional
  C16 Aplicar técnicas de análise e diagnóstico medioambiental, propoñer e desenvolver estudos de impacto ambiental e establecer medidas de prevención, protección e mitigación de efectos negativos.
  C17 Organizar e xestionar espazos naturais, desenvolver estudos de biodiversidade e de conservación e restauración de ecosistemas. Planificar a explotación racional e sostible dos seus recursos
  C18 Desenvolver e aplicar metodoloxías analíticas e de control de produtos agroalimentarios, supervisar a seguridade e calidade na cadea alimentaria. Avaliar e comunicar riscos para a saúde e o medioambiente
  C19 Deseñar e xestionar procesos de produción animal, vexetal e microbiana, implantar normas de control de calidade e propoñer melloras na eficiencia e sustentabilidade. Identificar novos ámbitos de aplicación e oportunidades profesionais e-ou industriais
  C20 Realizar e interpretar estudos e análises clínicos orientados ao diagnóstico e ao desenvolvemento de terapias fronte a patoloxías, así como ao seu control desde a perspectiva epidemiolóxica e de saúde pública
  C21 Explorar as causas xenéticas e moleculares da enfermidade e asesorar en estudos xenéticos. Identificar cambios na actividade celular e as respostas fisiolóxicas asociados a alteracións da saúde.
Sinale D Código Competencias
  D1 Resolución de problemas biolóxicos aplicando o método científico
  D2 Realización e interpretación de análise e diagnósticos fisicoquímicos, biolóxicos, higiénicosanitarios, bioensaios e probas funcionais, especialmente nos ámbitos sanitario, industrial, agroalimentario e medioambiental, e emisión de informes
  D3 Análise e interpretación dos mecanismos da herdanza, a evolución, a biodiversidade e o rexistro fósil
  D4 Realización de análise e estudos filoxenéticos, taxonómicos, paleontolóxicos e biogeográficos dos seres vivos, especialmente aqueles que sirvan de base para estudos demográficos e epidemiolóxicos
  D5 Realización de estudos xenómicos para o asesoramento xenético, técnicas de reprodución asistida, bioloxía do desenvolvemento e terapia xénica
  D6 Propoñer e participar en protocolos de reprodución, conservación e mellora xenética, así como de cultivo de células, tecidos, órganos e espécimes
  D7 Xestión de sistemas de produción, transformación e manipulación de produtos e subprodutos de materiais biolóxicos e biotecnolóxicos, e de sistemas e normas de calidade, especialmente nos ámbitos industrial, sanitario, agroalimentario e medioambiental
  D8 Avaliación, protección, conservación e restauración do medio físico, a biodiversidade e os ecosistemas. Identificación e uso de indicadores biolóxicos e ambientais
  D9 Xestión, control e tratamento de axentes físicos, químicos e biolóxicos e os seus produtos tóxicos, en todos os ámbitos da Bioloxía
  D10 Aplicar principios deontolóxicos na actividade investigadora e no exercicio profesional, valorando o impacto dos avances tecnolóxicos e científicos. Cumprir as disposicións lexislativas, regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional da Bioloxía
  D11 Elaboración e presentación de informes, proxectos, memorias técnicas e valoracións no ámbito da Bioloxía
  D12 Participación en actividades de I+D+i, impartir formación e divulgar coñecementos contribuíndo á proxección social da Bioloxía
  D13 Actuar con perspectiva de xénero e con respecto á diversidade e a multiculturalidad, co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria
  D14 Compromiso cos obxectivos de desenvolvemento sostible e a conservación do medio ambiente, promovendo prácticas responsables e solucións innovadoras
  D15 Actuar con alto grao de autonomía e de forma proactiva, incorporando os avances tecnolóxicos e científicos a prol de achegar solucións innovadoras ás necesidades e demandas da sociedade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000