Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Textos e discursos especializados: Tradución de textos do ámbito da biomedicina
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario Clases de presentación dos contidos da materia. Servirán para:
a) introducir as diferentes unidades do programa
b) sistematizar aspectos e problemas abordados
c) propor puntos de debate
d) establecer as directrices e guiar as actividades que deben realizar os/as estudantes.
Debate Debate sobre diversas cuestións que propoñan en relación cos contidos do programa. Poden ser en clase ou a través da plataforma docente FAITIC.
Eventos científicos Presentación dun subdominio temático do ámbito da biomedicina por un experto.De ser necesario pode ser sustuido por outra actividade equivalente que permita coñecer o devandito ámbito.
Traballo tutelado Exercicios sobre diferentes contidos do programa que se realizarán durante o período de sesións de clase.
Resolución de problemas de forma autónoma Conxunto de actividades máis extensas sobre os temas abordados para entregar despois do período de docencia.
Actividades introdutorias Presentación dos diferentes aspectos da materia en relación con: contidos, planificación e metodoloxía docente e sistema de avaliación. Resolveranse as posibles dúbidas en relación con estas cuestións.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000