Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Tradución especializada económico-comercial Portugués-Galego-Portugués/ Portugués-Español-Portugués
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Actividades introdutorias As actividades introdutorias serán presentadas cunha metodoloxía práctica e de análise monitorizada. Terán como principal fío a comparación de documentos orixinais relevantes, o que permitirá identificar a materia a estudar e as diferenzas contextuais – legais e culturais -, facilitando así a obtención dunha visión xeral da materia e os obxectivos prácticos.
Estudo de casos Serán presentados exemplos relevantes, o máis recentes posible, que reúnan os desafíos máis relevantes que podemos enfrentar na tradución desta área. Serán documentos auténticos adaptados para respectar a normativa de protección de datos, dos cales o alumnado realizará a rotina previa ensinada, e traducirá aplicando a escala de obxectivos escollida previamente.
Resolución de problemas de forma autónoma Nas actividades que serán encomendadas, o alumnado deberá demostrar capacidade de resolver dúbidas e desafíos que o texto presente, utilizando de forma combinada recursos de tradución e criterios de prioridade establecidos na análise inicial do documenta traducir.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000