Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Tradución especializada económico-comercial Portugués-Galego-Portugués/ Portugués-Español-Portugués
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Introdución da materia, na fase inicial, a través de exemplos con elevado impacto de aprendizaxe co obxectivo de aumentar a plasticidade cultural e lingüística do alumno.
Utilizarase, como base para a transmisión de coñecementos, considerando que o ensino de tradución é parcialmente ensino de lingua(s) e a súa(s) cultura(s), e seguindo os usos actuais no ensino unha metodoloxía que reúna os seguintes requisitos: activa, comunicativa, orientada á autonomía na aprendizaxe e con énfase na tradución prática e na comparación de documentos tipo de ambas linguas. Farase especial fincapé no concepto de tradución como mediación.
Estudo de casos Presentación de materiais auténticos (traducións, correspondencia comercial, orzamentos) para observar, analisar, cuestionar e debater na clase, ata conseguir organizar a forma de abordar a tradución establecendo métodos, priorización de aspectos (como literalidade ou adaptación ás formas locais).
Utilizarase, como base para a transmisión de coñecementos, unha metodoloxía que reúna os seguintes requisitos: activa, comunicativa, orientada á autonomía na aprendizaxe, mais aplicando a tradución monitorizada durante as clases. Farase especial fincapé no concepto de tradución como mediación. Para isto, crearemos un método de achegamento ao texto que incluirá una reflexión sobre o obxecto, o destinatario, o contexto e os criterios a aplicar en caso de que se faga necesaria a “perda de información”.
Resolución de problemas de forma autónoma Análise e debate dos traballos realizados, co obxectivo de que o alumno se constrúa como suxeito intercultural, mediador e capaz de tomar decisións relevantes en base a xerarquías de obxectivos e prioridades establecidas por el mesmo ou polo cliente.
Utilizarase, como base para a transmisión de coñecementos, unha metodoloxía que reúna os seguintes requisitos: activa, comunicativa, orientada á autonomía na aprendizaxe, mais aplicando a tradución monitorizada durante as clases. Farase especial fincapé no concepto de tradución como mediación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000