Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Tradución especializada xurídico-administrativa Inglés-Galego-Inglés / Inglés-Español-Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo O alumnado que se acolla á avaliación continua realizará unha tradución comentada dun texto proposto pola docente. 40
Traballo O alumnado que se acolla á avaliación continua realizará en clase as tarefas que indique a docente. A media das cualificacións obtidas nas tarefas realizadas en clase será o 40% da nota final. 40
Cartafol/dossier O alumnado que se acolla á avaliación continua realizará un dossier que incluirá os traballos realizados na clase e un glosario terminolóxico inglés/castelán/galego. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que non se acolla á avaliación continua realizará unha tradución comentada dun texto proposto pola profesora tanto na convocatoria de maio como na de xullo. A nota obtida na devandita proba será o 100% da cualificación e será preciso sacar un 5 para aprobar.

Avisos Importantes:

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido dos traballos senón tamén a súa corrección lingüística.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000