Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Tradución e patrimonio
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O formato de clase maxistral está indicado para transferir coñecementos e sensibilizar sobre temas tanto xerais como transversais da materia. Serve para iniciar á metalinguaxe asociada ás destrezas, a transmitir formas de adquisición da información. Serve para estruturar contidos dos temas máis teóricos.
Estudo de casos A tradución da compoñente patrimonial ten unha complexidade de seu, tan característica que non adoita atoparse nos demais ámbitos da profesión. O estudantado tratará de desenlear esa complexidade tomando as decisións axeitadas para traducir segmentos representativos dese tipo de dificultades.
Saídas de estudo O grupo de estudantes, orientado polo docente, percorrerá lugares ou instalacións e/ou visitará exposicións ou eventos relacionados cos contidos da materia. O obxectivo da saída de estudos é de identificar e analizar produtos ou prácticas reais de tradución do patrimonio no medio urbano, público ou privado (dependendo da autorización correspondente). Para a saída contarase cos medios e co apoio loxístico que facilitará a Universidade de Vigo.
A asistencia á saída é obrigatoria. Neste caso, a docencia trasládase fóra do campus.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000