Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Adquisición e Desenvolvemento da Lingua na Comunidade Xorda
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Lectura de casos ou presentación de situacións reais da adquisición que dean lugar á análise e á argumentación. Os diferentes puntos de vista serán expostos na clase. Pode ser a partir dunha lectura previa. 20 A2
A3
Resolución de problemas Reflexión sobre problemas prácticos da adquisición, en relación co desenvolvemento das clases magistrais 10 A2
C7
Traballo tutelado Identificar un problema e facer preguntas. Consultar fontes.
Organizar unha metodoloxía de traballo. Presentar resultados.
40 A1
A4
A5
B2
B3
B4
C9
Foros de discusión Actividades desenvolvidas de forma autónoma que reforcen a aprendizaxe e a capacidade crítica. 30 A1
A2
A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Planificación temporal prevista para as actividades de avaliación:

- Presentacións / exposicións: semanas 9ª e 10ª
- Estudo de casos / análises de situación: nas semanas 3ª y 6ª
- Resolución de problemas ou exercicios e foros de discusión: serán programados durante as clases durante o desenvolvemento da docencia

Se se precisan adaptacións por razón de discapacidade, deberá advertirse coa debida antelación.

Terán a cualificación de "Non presentado" as e os estudantes que non entreguen ningunha proba de avaliación.

Quen non consiga superar a materia polo procedimento establecido terá unha segunda oportunidade, con vistas á segunda edición de actas. Nela manteranse as mesmas porcentaxes e condicións, salvo no caso dos traballos de exposición oral, que serán substituídos por unha nova versión escrita dos mesmos. As mesmas condicións prevense para a convocatoria de decembro.

O alumnado con dispensa académica oficial deberá facer os mesmos traballos, e será cualificado conforme ás mesmas porcentaxes. Utilizará a plataforma de teledocencia para substituír o seguimento das clases. No caso concreto do traballo tutelado, entregará unha versión escrita. Para as outras actividades, habilitaranse procedementos para que se  fagan entregas adecuadas a cada actividade.

Terase en conta a orixinalidade do traballo individual. As prácticas de copia ou plaxio invalidarán a proba ou tarefa obxecto da copia e poderán supoñer o suspenso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000