Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Recursos Bibliográficos e Xéneros Científicos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dos traballos e exercicios a desenvolver polo estudante. Son 5 horas presenciais. As 10 horas fóra da clase son de lectura relativa ós temas do curso.
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvolveranse con equipamento especializado nunha aula informática. As actividades, prácticas e exercicios suman 25 horas: 5 horas presenciais e 20 non presenciais.
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará un documento sobre a temática da materia ou preparará un seminario no que se expoñerán e debateran as investigacións e lecturas levadas a cabo. Son 3 horas na clase e 20 horas de traballo fóra da aula.
Presentación Exposición ou presentación oral dos alumnos do seu proxecto persoal ou con ouro estudante dalgún dos temas ou prácticas que se traten no curso. Poden ser as lecturas semanais de textos previamente escollidos e dispostos para o profundamento e discusión académica dos temas do programa. As lecturas obrigatorias equivalen a 10 horas non presenciais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000