Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Lingüística Aplicada
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
A2 Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
A5 Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
C2 Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas.
C3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
C6 Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada.
D6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
D7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
D8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000