Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Lingüística Aplicada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario O alumnado deberá facer unha lectura exhaustiva dos textos propostos. Ademais, deberá entregar con antelación á celebración de cada seminario un breve documento que inclúa un resumo, unha avaliación crítica e unhas preguntas para discutir no seminario.
Para obter a máxima cualificación nesta metodoloxía é
imprescindible a asistencia e a participación activa nas sesións.
40 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C6
D6
D7
D8
Traballo tutelado O alumnado presenta o resultado obtido na elaboración dun
traballo sobre un tema relacionado coa materia. Pode ser grupoal ou individual e inclúe unha parte escrita e unha exposición oral.
40 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C6
D6
D7
D8
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na segunda convocatoria, o alumnado poderá optar por un exame (100 % da cualificación) ou por unha avaliación continua: lectura e documento escrito sobre os textos propostos (40%) e dous traballos sobre problemas e cuestións derivados dos contidos do programa (60 %). O mesmo prevese para a convocatoria de decembro.

O alumnado con dispensa académica oficial será avaliado coas mesmas probas, criterios e porcentaxes que o alumnado presencial. Facilitaráselle o seguimento a través da plataforma Moovi.

O plaxio será penalizado. En caso de detectarse prácticas de plaxio invalidarase a proba de avaliación correspondente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000