Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Lingüística de Corpus
   Competencias
Código Descrición
CE2 Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas.
CE3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
CE5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
CE6 Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada.
CE7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística.
CE8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
CE9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
CT1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
CT2 Dominio da expresión e a comprensión oral e escrita dun idioma estranxeiro.
CT3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
CT4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CT6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000