Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Lingüística Informática e de Corpus Aplicadas á Lingua Inglesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Participación e implicación do alumnado nas sesións da materia, presenciais ou mediante a plataforma de teledocencia: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e resolución de actividades encomendadas. 15 B1
B6
B7
C3
Resolución de problemas Resolución de exercicios, problemas ou pequenos traballos que o alumnado realizará en clase ou de forma autónoma fóra da aula. A porcentaxe de cada proba varía dependendo dos contidos da mesma, cun mínimo de 5% e un máximo de 20%. O valor global de todas as probas suma 55%. 55 B1
B6
B7
B8
C3
C11
Presentación Presentación oral dun traballo centrado nos aspectos metodolóxicos tratados no curso. 30 B1
B3
B4
B6
B7
B8
C3
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
 (I) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS
A avaliación consiste de 3 compoñentes como se describe na parte superior:
  • 15% = Participación e implicación do alumnado.
  • 55% = Resolución de exercicios e traballos prácticos na clase ou de forma autónoma. Dependendo do tipo de exercicio, a entrega será por escrito ou mediante a plataforma de teledocencia. A entrega de exercicios terá lugar ao longo do cuadrimestre. A porcentaxe de cada proba varía dependendo dos contidos da mesma, cun mínimo de 5% e un máximo de 20%.
  • 30% = Presentación oral dun traballo práctico que terá lugar despois das sesións maxistrais nunha data a concretar co alumnado. A presentación deberá ir acompañada dunha Power Point, que serán entregada con antelación mediante a plataforma de teledocencia. 

(II) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS
O alumnado deberá repetir as partes suspensas na primeira convocatoria, se estas son os exercicios prácticos ou presentación; a avaliación da participación non é recuperable. Nesta segunda oportunidade o traballo final será en formato essay, cunha extensión entre 2000 e 3000 palabras, excluíndo referencias.


(III) ALUMNADO OFICIALMENTE EXENTO DE ASISTIR A CLASE
O alumnado entregará todos os exercicios cun valor de 60% e entregará un traballo final en formato essay con valor de 40% da nota final (extensión entre 2000 e 3000 palabras, excluíndo referencias).

OBSERVACIÓNS

Todos os exercicios e traballos serán feitos e escritos en lingua inglesa. Requírese un nivel mínimo C1.
A corrección lingüística e o uso formal de convencións no eido da lingüística son indispensables. Xa que logo, erros de tipo gramatical ou ortográficos serán penalizados. 
Non se tolerará ningún tipo de plaxio, e de cometerse éste será penalizado severamente cun suspenso na totalidade da materia. Alegar descoñecemento non eximirá a/o estudante da súa responsabilidade.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000