| Resolución de problemas de forma autónoma |
Resolución de exercicios, problemas ou pequenos traballos que o alumnado realizará de forma autónoma na aula ou fóra da aula e que serán puntuados polo profesor. Algúns destes exercicios serán auto-evaluados polo alumnado mediante a plataforma virtual.
|
40 |
A4 A5
|
B4 B5 B6 B7 B8
|
C2 C3
|
|
| Presentación |
Presentación final na que o alumnado porá en práctica tanto os coñecementos teóricos como os principios metodolóxicos desenvolvidos no curso. A tarefa consiste nun esbozo/plan para un proxecto de investigación, incluíndo antecedentes da investigación, hipótese, metodoloxía, bibliografía etc. |
40 |
A1 A4 A5
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C2 C3
|
|
- Este curso será impartido integramente en lingua inglesa.
- A asistencia presencial é obrigatoria.
- Esperáse que o alumnado complete todos os traballos/exercicios requiridos e que faga as lecturas indicadas. Espérase que o alumnado veña preparado ás aulas para poder seguir as sesións adecuadamente, e para debater as lecturas e exercicios.
- As datas de entrega de exercicios e traballos serán acordadas co alumnado ao comezo do curso. En xeral, os exercicios entregaranse despois de cada unidade temática, e o proxecto final entregarase despois de rematar o curso presencial.
- O alumnado debe visitar a plataforma Moovi con regularidade, e consultar o correo electrónico tamén.
- Non se tolerará ningún tipo de plaxio, e de cometerse éste será penalizado severamente cun suspenso na totalidade da materia. Alegar descoñecemento non eximirá a/o estudante da súa responsibilidade.
- Se se suspende a materia na primeira edición de actas, o alumnado deberá recuperar a parte suspensa (exercicios e/ou proxecto final) na segunda edición de actas (xullo). A data de entrega será acordada entre o profesor e o alumnado suspenso, sendo ésta igual para todas/os as/os estudantes.
REGULACIÓN DO USO DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL (IA) O emprego de ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) xerativa neste curso limítase exclusivamente a tarefas de chuvia de ideas (brainstorming) e/ou revisión de textos. Calquera entrega académica na que se faga uso destas tecnoloxías de asistencia deberá incluír preceptivamente a seguinte Declaración de Uso Responsable. A omisión desta declaración invalidará o traballo, que será considerado nulo para efectos de avaliación: Declaración sobre o uso da IA e a integridade académica Categoría de uso: Categoría B: Uso asistido (Exclusivamente para chuvia de ideas e/ou revisión). Declaro que para a realización deste traballo utilicei ferramentas de IA como soporte do meu proceso de aprendizaxe. O grao de integración destas tecnoloxías detállase de xeito transparente a continuación: - Ferramenta(s) de IA utilizada(s): [ex. ChatGPT, Claude, Grammarly, Perplexity]
- Tarefas específicas realizadas: [ex. Chuvia de ideas para o tema do ensaio, xeración dun esquema inicial, revisión da gramática e redacción, busca de fontes de información]
- Instrucións (prompts) utilizadas:
- Prompt 1: "[Insira o prompt exacto ou aproximado que utilizou]"
- Prompt 2: "[Insira o prompt]"
- Verificación humana: Comprobei de xeito independente a veracidade e rigor de todas as afirmacións, verifiquei documentalmente as citas e editei en profundidade o resultado final. Os argumentos, a análise crítica e as conclusións presentadas son de autoría totalmente propia, asumindo a total responsabilidade sobre a precisión e a orixinalidade desta entrega.
|