Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Subtitulado
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A primeira sesión da materia será presencial (aínda que tamén se gravará e colgará na plataforma do posgrao) e dedicarase a explicar con detalle os obxectivos que se pretende alcanzar, o temario, a forma en que se desenvolverá a docencia e os procedementos de avaliación.
Estudos/actividades previos O alumno disporá, na plataforma do posgrao, dunha guía cos principais contidos da materia desenvolvidos, así como unha bibliografía básica de lectura obrigatoria, que debe asimilar co fin de poder realizar con éxito os exercicios prácticos.
Prácticas autónomas a través de TIC Os contidos teóricos que o alumno debe asimilar exercitaranse a través de actividades e distintos tipos de exercicios que o alumno realizará individualmente.
Foros de discusión Nos foros de discusión, poranse en común e discutirán as solucións dadas ás prácticas autónomas.
Titoría en grupo As tutorías grupais (ou individuais, dependendo de se as entregas obrigatorias da materia fanse individualmente ou en grupo) usaranse para despexar dúbidas relativas aos encargos a través dos cales se avalía a materia e para revisar os mesmos unha vez entregados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000