Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Materias
  Comunicación Interlingüística e Intercultural: A Tradución
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Sesións presenciais de exposición por parte da profesora dos contidos da materia obxecto de estudo.

Servirán para:
a) introducir e presentar as diferentes unidades do programa
b) sistematizar aspectos e problemas abordados
c) propor puntos de debate
d) establecer as directrices e guiar as actividades a desenvolver polos estudantes.

Debates Sesións presenciais participativas nas que se debatirá sobre determinadas cuestións do programa. Terán lugar en combinación coas clases maxistrais.
Actividades introdutorias Sesión presencial na que:

1) preséntanse os diferentes aspectos da materia en relación con: contidos (contextualizados no módulo e no grao), planificación e metodoloxía docente e sistema de avaliación;

2) resólvense posibles dúbidas en relación con estas cuestións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000