Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Seminario de lingüística aplicada: Desafíos actuais no estudo da linguaxe e as linguas
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Nesta materia, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula. Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como nas horas de traballo persoal fóra da aula. Xa que logo, recoméndase firmemente o estudo diario da materia, así como a lectura atenta de todos os materiais proporcionados ao longo do desenvolvemento das aulas. O alumnado deberá ter acceso a Moovi e consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que este será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais por parte do docente. Recoméndase encarecidamente o uso dos recursos da biblioteca universitaria. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000