Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Seminario de lingüística aplicada: Desafíos actuais no estudo da linguaxe e as linguas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión encamiñada a tomar contacto e a reunir información sobre o alumnado, avaliar o punto de partida e presentar a materia.
Seminario Cada seminario está enfocado ao traballo sobre un texto específico, que permite afondar ou complementar os contidos da materia. O alumnado deberá facer unha lectura exhaustiva, entregar con antelación á celebración de cada debate un documento que inclúa un resumo, unha avaliación crítica e unhas preguntas para debater.
En total serán tres seminarios.
Lección maxistral Introdución conceptual aos contidos de cada un dos temas.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia.
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000