Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Galego estándar: Aplicacións profesionais no mundo dixital
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Durante o cuadrimestre iranse desenvolvendo diferentes actividades prácticas que serán avaliables. É preciso que se vaian entregando dentro dos límites temporais que se indiquen.
25 A2
B2
B3
C6
C7
D3
Saídas de estudo Ó longo do curso realizaranse, sempre que sexa posible, diferentes saídas a contornas profesionais concretas (editorial, medios de comunicación, servizos de normalización...); se non fose posible, serán os/as profesionais quen veñan á aula da FFT asignada a esta materia. 10 A2
B2
B3
Proxecto O estudantado participará, en colaboración con alumnado da Universidade de Leiden e de Linguas Estranxeiras, no proxecto Virtual International Collaboration Project. O proxecto, colaborativo, será guiado e explicado minuciosamente polo profesorado. O resultado final será un breve deseño do proxecto e un vídeo clip conxunto. 30 A2
B3
C6
C7
D1
D3
Observación sistemática Valorarase a asistencia regular cunha participación activa nas aulas. 5 C6
C7
D1
D3
Traballo O traballo, preferentemente individual, é obrigatorio e a data límite de entrega coincidirá coa data oficial do exame na FFT (en cada unha das dúas edicións das actas). Poderase realizar unha pequena presentación (aínda que non estea concluído), seguindo as indicacións que se proporcionen. Centrarase, sempre dende unha vertente práctica, nalgún dos grandes eidos temáticos que se desenvolvan durante o curso. 30 A2
B3
C6
C7
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Por defecto, enténdese que o estudantado opta por un sistema de avaliación continua; se non fose así, deberá comunicar  nas dúas primeiras semanas do curso a súa intención de se presentar á avaliación única.

-Avaliación continua (para quen (a) asista regularmente ás aulas presenciais e (b) entregue as tarefas respectando os prazos e as indicacións do profesor): para poder facer a media final ponderada, haberá que superar independentemente proxecto, traballo, prácticas e saídas de estudo. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Aquelas probas que non se superen na primeira edición das actas (xaneiro) poderanse recuperar na segunda edición (xuño/xullo), co límite de entrega situado na data fixada pola FFT para o exame. Se por causa xustificada algún/ha estudante non pode cumprir co requisito (a), deberallo comunicar ó docente, que proporá outras accións compensatorias.

-Avaliación única (admitida pola Universidade de Vigo): poderase superar a materia, en calquera das dúas edicións de actas (xaneiro e xuño/xullo), a través dun exame final escrito [40%] e doutro exame oral [20%] sobre todos os contidos teórico-prácticos da materia, que se realizarán nas datas fixadas pola FFT no seu calendario oficial, e mais de un traballo (seguindo as indicacións que se fornezan) [40%]. Cómpre superar tanto os exames coma o traballo (en cada unha das convocatorias) para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas.

A copia ou o plaxio, total ou parcial, será avaliado cun cero na proba (traballo, práctica ou exame) en que se detecte.

Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000