Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  O canon literario
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B1 Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
B2 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan acceder ao estudantado ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B6 Capacidade de apreciar outras culturas e competencia para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidade intercultural.
C1 Capacidade para elaborar textos críticos, de erudición ou creativos en distintos formatos no ámbito literario empregando as ferramentas e conceptos dos estudos literarios.
C5 Comprensión e coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria e da teoría e crítica literaria para ter unha visión fundamentada e crítica da creación literaria.
C14 Capacidade para analizar, sintetizar e interpretar un texto en calquera formato con independencia da súa natureza lingüística ou literaria.
D1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000